RGPD - Cookies
Galicia

O Supremo desestima o recurso contra o ‘Decreto do Plurilingüismo’

ferrin
Méndez Ferrín era presidente da Real Academia da Lingua cando se presentou o recurso no Supremo

O Tribunal Supremo (TS) desestimou o recurso presentado pola Real Academia Galega (RAG) contra o coñecido como ‘Decreto do Plurilingüismo’ no ensino, que supuxo a introdución do inglés como lingua de impartición nos centros de Galicia xunto co galego e o castelán.

Segundo informou o Goberno galego, o Supremo a suma así á doutrina ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) «avalando a legalidade» do citado decreto.

A Real Academia Galega (RAG) presentara un recurso de casación ante o Tribunal Supremo en marzo de 2013 contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a norma que anulou parte de dous dos seus artigos.

Por iso e dado que este fallo só afectou á consulta vinculante aos pais sobre o uso do idioma e a libre elección na aula dos alumnos, sen afectar a outros apartados, a institución académica dirixida nese entón por Xosé Luis Méndez Ferrín decidiu acudir ao TS para pedir a «anulación total» da norma.

También te puede interesar