Galicia

Profesores e estudantes saen este martes á rúa para protestar, de novo, contra a reforma dos estudos universitarios

Estudiantes1Profesorado e o alumnado das universidades públicas galegas sairán xuntos á rúa este martes en contra da reforma dos títulos de grao do Goberno central, con protestas nas sete cidades, dentro dunha nova xornada de folga na educación.

As protestas sairán ás 11 e media da mañá da Alameda de Santiago, da Praza de Pontevedra da Coruña, da Praza de España de Ferrol, do Edificio dos sindicatos de Lugo, da Xefatura Gerritorial de Educación en Ourense, da Praza da Peregrina en Pontevedra e da Praza América en Vigo.

Docentes e estudantes rexeitarán deste xeito, unha vez máis, esta reforma, que permite ás universidades modificar os títulos para adaptalos a un modelo 3+2 -tres anos de grao e dous de máster-, de xeito opcional, e que provocará que convivan no mesmo mapa de titulaciones xunto co actual 4+1.

Para as organizacións convocantes, esta medida representa “unha desregulación” do sistema público de ensino superior e un modelo “elitista”, dado que os estudos de máster, que contan cunhas taxas máis elevadas que os graos, duplicarían a súa extensión e elevaríase o custo do ensino superior para as familias.

Por iso, consideran que se “creará unha fenda social” e que se busca expulsar do sistema educativo aos alumnos con menos ingresos. Ademais, acusaron ao Goberno central de facilitar a expansión das universidades privadas no ámbito dos másteres, onde xa acumulan “un 27,9 %” da matrícula, ao que hai que engadir que facilita a creación deste tipo de centros.

También te puede interesar