Vigo al minuto

Feijóo lembra que Vigo que “aspira á Cidade da Xustiza” e pide “colaboración” ao Concello

O presidente do Goberno galego chegando á nova Oficina de Notificacións e Embargos, na rúa San Sebastián/Tresyuno Comunicación
O presidente do Goberno galego chegando á nova Oficina de Notificacións e Embargos, na rúa San Sebastián/Tresyuno Comunicación

O presidente do Goberno galego pediu este luns en Vigo,durante unha visita á nova Oficina de Notificacións e Embargos– que está na rúa San Sebastián– a coperación entre administracións para que a xustiza teña infraestructuras necesarias para facer o seu traballo.

O novo edificio de Notificacións e Embargos ten unha superficie de 700 metros cadrados, distribuídos en catro pisos e no mesmo traballarán 22 funcionarios para o partido xudicial de Vigo– no que ademáis da cidade, están Gondomar, Baiona e Nigrán-.

Alberto Núñez Feijóo enumerou as inversións do seu goberno en Vigo- o novo hospital, educación ou benestar- e afirmou que as mesmas abranguen, tamén, a xustiza, e puxo como exemplo esta nova sede no Casco histórico que “é un paso” para solucionar un problema de espazo que ven “dos anos 70 e 80 do século pasado”.

A nova Oficina de Notificacións e Embargos, ten unha superficie de 700 metros cadrados e na mesma traballarán 22 funcionarios/Tresyuno Comunicación
A nova Oficina de Notificacións e Embargos, ten unha superficie de 700 metros cadrados e na mesma traballarán 22 funcionarios/Tresyuno Comunicación

Neste sentido, antes da intervención de Feijóo, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, denunciou que a cidade necesita novas dotacións xudiciais xa que nas que ten,os traballadores están “amoreados” e, por iso, “é urxente” ter esas novas instalación porque “non  haberá unha administración de Xustiza moderna sen sedes apropiadas”.

O presidente do Goberno galego salientou que “Vigo aspira a unha Cidade da Xustiza, estamos en disposición de solucionar as dificultades se temos o chan”, e lembrou que son os concellos “os que ceden os terreos á  Xunta para construir xulgados, como aconteceu en Santiago, A Coruña, Ferrol e Ourense”.

También te puede interesar