Cultura Vigo al minuto

O vigués Fran Alonso publica ‘Poética’, que se pode ler en ordenador, tabletas e móbiles

Fran AlonsoO vigués Fran Alonso ven de publicar o poemario ‘Poética’, un libro feito para ler en ordenador, tabletas e móbiles, e que se ofrece en galego, castelán e portugués. Segundo o propio autor, trátase dun “paso decisivo e pioneiro para a literatura electrónica”:con ‘Poética’, Alonso aborda a poesía dixital e transmedia, ademais de explorar as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías na creación literaria.

O seu discurso, “ácido e “corrosivo”, segundo o escritor, sobre a propia poesía e os mitos e tópicos, “supera” o concepto tradicional de poema para “acomodarse” no de “instalación poética”. De feito, empregou distintas linguaxes contemporáneas cun espírito “lúdico”, “provocador”, “contraditorio”, que “confunde”, “experimenta”, “investiga” e dá lugar a un poemario “diferente”, “multifocal”, “polidiscursivo”, “fragmentario” e “irónico”.

‘Poética’ está editado polo seu propio autor, quen tamén se encargou da maquetación online: a editorial elixida é Pitipoto e Estudi Limona realizou o deseño e o desenvolvemento web.

También te puede interesar