Comarcas

Redondela impulsa a reapertura de San Simón cun programa estable de actividades todo o ano

A illa de San Simón/Tresyuno Comunicación
A illa de San Simón/Tresyuno Comunicación

Congresos, cursos, seminarios sobre o mar, visitas guiadas á illa e actividades culturales, sociais e deportivas. Todo iso ofrecerá San Simón ao longo do ano mediante unha programación que farán, conxuntamente o Concello e a Consellería de Cultura.

O alcalde, Javier Bas, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinaron un acordo que permitirá abrir, de novo, este espazo, declarado Ben de Interés Cultural (BIC) e usar as instalacións que hai na illa, nas que se investiron preto de 12 millóns e medio de euros.

Cultura fará posible a conservación de San Simón e organizará congresos, cursos e conferencias relacionadas co mar, ademáis de facilitar e promover o uso dos edificios dende unha programación de actividades anual; pola súa banda, o Concello de Redondela programará visitas e actividades socioculturais e deportivas.

You may also like