Comarcas

Controlado o incendio que arrasou 25 hectáreas en Meira

IncendioOs efectivos de loita contra o lume controlaron na mañá deste sábado un incendio rexistrado en Moaña, segundo informa o servizo de alertas da Consellería de Medio Rural.

Os efectivos controlaron as lapas ás 7 da mañá deste sábado. O incendio orixinouse sobre as 9 e media da noite deste venres e as estimacións iniciais indican que afectou a unhas 25 hectáreas de monte arboredo, na parroquia de Meira.

Nos traballos de extinción do lume traballaron nove axentes forestais, catorce brigadas e 12 motobombas. Un dos axentes resultou ferido mentres traballaba no incendio, en concreto sufriu unha rotura de fémur tras unha mala caída mentres tiraba dunha mangueira.

Medio Rural lembra que está a dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

También te puede interesar