RGPD - Cookies
Vigo al día

O BNG denuncia a situación da sanidade pública de Vigo tomando a tensión nun ‘hospital’ de campaña, en Príncipe

O doutor Manuel Moreira. número 3 da candidatura do Bloque nas Municipais, tomando a tensión en Príncipe
O doutor Manuel Moreira. número 3 da candidatura do Bloque nas Municipais, tomando a tensión en Príncipe

Como anunciara, o BNG instalou este luns – ás 10 e media da mañá, diante do MARCO, en Príncipe- un ‘hospital de campaña’ para denunciar a “situación de emerxencia” da sanidade pública en Vigo.

Nesta iniciativa, baixo o lema ‘Tensiónate en defensa dá sanidade pública’ participa persoal sanitario, así como o candidato á Alcaldía, Serafín Outeiro, e o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence e o número tres da candidatura ás Elecións Municipais, Manuel Moreira, médico de profesión, quen está tomando a tensión aos viandantes que se achegan ao ‘hospital’.

O BNG responsabiliza ao PP e “ás súas políticas de recortes e privatizacións” de converter ao sistema sanitario vigués en “precario”, e sinala como exemplo o colapso nas Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

También te puede interesar