Galicia

A ‘imposición’ de prezos de ata os 0,28 € o litro, leva aos Produtores de Leite convocar folga de entregas dende o 29 de marzo

VacaA Organización de Produtores de Leite (OPL) convocou os gandeiros galegos a unha folga xeneralizada de entregas a partir 12 da noite do 29 de marzo. Así mesmo, chama a unha manifestación o próximo 24 de marzo en Compostela en protesta polos “prezos que está a impoñer a industria e que provocarán a curto prazo a desaparición do sector lácteo nacional».

Nunha reunión celebrada este venres, a Organización de Produtores de Leite-OPL, asociación profesional que engloba ao 9% da produción láctea estatal, decidiu iniciar mobilizacións «ante a insostible situación económica á que a industria está a levar ao sector con imposicións de prezos que fan inviable a actividade».

Xunto a isto, acordou secundar unha manifestación que se celebrará ante a sede da Xunta en San Caetano, o próximo 24 de marzo.

Esta organización de produtores, que ten a súa sede en Santa Comba, representa a España dentro da European Milk Board, organización formada por máis de 100.000 produtores de leite da Unión Europea (UE).

Nun comunicado, a OPL subliña que a industria «está a impoñer prezos aos produtores de entre 0,22 e 0,28 € por litro, moi por debaixo dos custos de produción, facendo inviable para os produtores esta actividade”.

Así mesmo, os productores advirten de que «a desaparición da cota láctea, a conseguinte liberalización da produción e a desinformación á que estivemos sometidos os produtores no relacionado coa supertaxa, provocaron unha situación de incerteza e indefensión aos gandeiros, que está sendo aproveitada pola industria cunha imposición de contratos sen precedentes ante ameazas de non retirar o leite das granxas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.