Comarcas

A Deputación aproba a terceira fase do Complexo Deportivo de Santa Mariña, en Redondela

Santa MariñaA Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa xunta de goberno, o proxecto da 3ª fase do Complexo Deportivo de Santa Mariña, en Redondela, por 608.802 €, dos que a institución provincial aportará 453.719€.

Actualmente, xa esisten na parcela dous campos de fútbol 11 de céspede artificial e edificacións destinadas a vestiarios e graderío así como pistas de tenis con pavimento de formigón e resinas.

O proxecto consistirá na construcción de 4 pistas de padel cubertas e acristaladas de céspede artificial; construcción dun acceso peatonal e outro de vehículos; execución de peches perimetrais de todo o complexo; construcción de vestiarios para usuarios das pistas -de homes e de mulleres, con 4 duchas cada un- e construcción dun aparcamento para autobuses.

En total, prevénse urbanizar 2.862 m2 en superficie e edificar 927 m2 nunha obra que tén un prazo de execución de 6 meses.

También te puede interesar