O día 21 de marzo terá lugar unha xornada experimental de turismo en Cíes na que poderán participar 210 persoas. O obxetivo é evaluar e adaptar as actividades que finalmente van vertebrar o proxecto municipal para levar turistas ás Illas fóra de tempada.
Das prazas disponibles para participar nas actividades vencelladas á natureza, 70 son para participar nos paseos sonoros, 35, para os cursos de debuxo e pintura, mentres que outras 35 son para facer fotografías. Outros 70 turistas observarán flora e fauna, ademáis de restos de temporais e mareas.
Todos aqueles interesados en formar parte deste proxecto deben formalizar a súa inscripción na oficiña de información turística de Cánovas del Castillo, entre este venres, día 13 e o martes, 17, ambos inclusive.