RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al día

1,3 millóns da Xunta para contratar a 160 perceptores da Risga en 14 concellos da Área de Vigo

TraballandoA Xunta destinará 1,3 millóns de euros aos 14 concellos da área de Vigo para a contratación laboral de 160 perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), segundo avanzou este xoves a directora xeral de Familia e Inclusión.

Amparo González explicou que nesta convocatoria duplicouse o presuposto, que pasa de 5 a 10 millóns de euros, polo que “ningún Concello quedará fóra”, como si aconteceu o pasado ano. Así, 210 municipios galegos solicitaron estas axudas – 52 deles na provincia de Pontevedra-.

No caso da área de Vigo, os 14 concellos recibirán 1,3 millóns de euros, que poden ser máis, porque a Mancomunidade tamén participou na convocatoria. O Concello de Vigo pediu que se subvencionen 40 contratos para persoas que se encargarán, fundamentalmente, de limpeza de fachadas.

A Xunta sufraga o 100% dos custos laborais destes contratados, que están suxeitos ás mesmas condicións que o resto de traballadores de cada un dos concellos: contratos polo 75 % da xornada laboral, e de 7 meses de duración.

A preguntas dos medios sobre os atrasos na resolución dos expedientes de concesión da Risga, a directora xeral salientou que a Xunta  “segue traballando co compromiso de que a inclusión social chegue a todas as persoas que o necesitené a nosa prioridade», indicou, e asegurou que, entre as xestións que dependen da Xunta e os trámites dos concellos, o prazo de resolución das solicitudes está en «tres meses», eso sí, non precisou cántas persoas están en lista de espera para coñecer se son beneficiarias desa renda.

También te puede interesar