RGPD - Cookies
Galicia

Convocadas as axudas para os mariñeiros afectados polo paro da pesqueira da sardiña

PescandoO Goberno den de convocar axudas por valor de 4,2 millóns de euros para os tripulantes de buques cerqueros afectados pola paralización temporal da actividade pesqueira, como consecuencia da aplicación da regra de explotación conxunta entre España e Portugal do plan de xestión da sardiña.

As axudas, que se publicaron este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE), están destinadas aos tripulantes que faenaron durante a campaña de pesca de 2007-2014, e comprobouse a súa dependencia da sardiña.

O ministerio explicou que esta dependencia se fixa nuns desembarques iguais ou superiores ao 20% do total das capturas, ou uns valores de desembarque superiores ao 20% do valor total das capturas comercializadas, tomando como base os totais agregados no período 2007-2014.

As axudas outorgaranse por un período mínimo de 20 días e un máximo de 45 días de duración, realizados entre o 1 de outubro e o 30 de novembro de 2014, ambos os dous inclusive, sempre que a parada se efectuara de forma continuada. A contía individual será de 41,43 € por día de parada.

También te puede interesar