Vigo al minuto

A dirección de Povisa disposta a negociar, logo do primeiro día de folga de fame de tres traballadores, pero sin retirar os despidos

Primeira noite de folga de fame dos tres traballadores de Povisa, dentro do propio hospital
Primeira noite de folga de fame dos tres traballadores de Povisa, dentro do propio hospital

Os tres membros do Comité de Persoal de Povisa que este martes iniciaron unha folga de fame para reclamar a readmisión dos 13 compañeiros despedidos, pasaron a primeira noite no interior das instalacións do hospital privado, que non teñen pensado abandonar até que a empresa dea marcha atrás ás rescisións de contrato.

A primeira hora da mañá deste mércores, a dirección do centro médico interesouse polo seu estado de saúde e amosouse disposta a negociar, “nós dixémoslle que tamén queremos dialogar e pedímoslle que retirasen os despidos para sentarnos a falar, ao que non responderon”, explicou a presidenta do comité, Chus Neira, unha das participantes no xexún.

Os empregados de Povisa seguen a reclamar a intervención do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e da Consellería de Sanidade no conflito laboral e lembran que “o hospital incumpre o concerto coa Xunta ao non manter os ratios de persoal esixidos, o que está a afectar á calidade asistencial”.

Neste senso, a delegada da Xunta en Vigo, nunha xuntanza con membros do Comité de Persoal comprometeuse a pedir unha xuntanza “urxente” coa dirección do hospital para tratar sobre unha posible solución que, segundo o propio Comité, ten como unha das condicións indispensables para iniciar as negociacións “a retirada dos despidos”.

También te puede interesar