Cultura Vigo al minuto

19 funcións, de marzo a maio, dentro do ‘Vigocultura’

TeatroA Concellería de Cultura, Festas e Museos presenta a programación municipal de artes escénicas, VIGOCULTURA, que se desenvolverá no Auditorio Municipal- no Concello- dende este mes e ata maio. O programa inclúe unha oferta diversa, con espectáculos para público adulto os venres ás 9 da noite e para público familiar os domingos ás 6 da tarde.

A programación conta, para este primeiro semestre do ano, cun total de 19 funcións que abarcan diversos xéneros como o teatro contemporáneo, a comedia, maxia, música folk, ópera, monicreques e a danza, coa participación dun total de 14 compañías e grupos galegos (12 delas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios) e 5 compañías de fóra de Galicia (3 pola Rede Galega de Teatros e Auditorios e 2 a través do programa Platea).

Como é costume, estará a disposición de todo o público do Auditorio Municipal un buzón no vestíbulo para que, na saída de cada espectáculo, os espectadores poidan valorar a función que acaban de ver, e formular as suxestións respecto á programación ou calquera outra opinión que desexen facer constar.

As entradas e abonos para os espectáculos de pagamento poderán adquirirse dende este mércores día 11, a través de Ataquilla, no 902.504.500, ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26). Haberá para elixir “abonos á carta” para 5 espectáculos (15% de desconto sobre o prezo total) ou 10 (25% de desconto) e que só se poderán adquirir a través do teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes.

También te puede interesar