Cultura

@AEsmorgaFilme, @OsFenomenosFilm e @serramoura_tvg, favoritos para os Premios Mestre Mateo

A-esmorgaAs películas A Esmorga e Os Fenómenos e a serie de televisión Serramoura posiciónanse como as propostas finalistas que acumulan máis candidaturas na XIII edición dos Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, que celebrará a súa gala de entrega de galardóns o próximo 11 de abril na instalacións do Palexco, na Coruña.

Os intérpretes Mercedes Castro e Ricardo de Barreiro foron os encargados de dar a coñecer os nomes que compoñen o catálogo de finalistas do certame nas súas 25 categorías, nun acto celebrado este martes no Auditorio Abanca de Compostela.

A Esmorga con 16 candidaturas sitúase como a máis votada entre os finalistas seguida do filme Os Fenómenos con 11, a serie Serramoura con 9 e a película Schimbare, presente en oito das categorías dos galardóns.

Tamén se posicionan entre as máis votadas O Outro tempo, con catro nominacións, o programa A casa da Conexa, con tres, ‘Códice’, o filme ‘O Neno’ ou a serie Era visto!, que tamén compite en tres categorías.

Os académicos terán que escoller entre un total de 42 obras de cara á gala final, entre películas, series ou documentais, entre outras propostas. Este ano, ademais, a Academia Galega do Audiovisual estreou un novo procedemento de votacións que permite aos socios votar en liña, «facilitando o sistema e  axilizando a súa xestión».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.