Vigo al minuto

As Primarias de A Marea de Vigo, o día 14

MareaO vindeiro sábado, día 14, na cafetería Moreneta, na rúa Doutor Cadaval, celebraranse as Primarias para a elección definitiva da lista electoral de A Marea. Nas mesmas, poderán votar tódalas persoas que teñan asinado o manifesto antes deste luns, día no que se pechará o censo de votantes co obxectivo de que o Comité de Primarias dispoña de tempo suficiente pra poñelo en orde.

Un total de 20 persoas candidataronse para o proceso de primarias sendo Rubén Pérez o único que presentou a súa candidatura para a Alcaldía.

O proceso de primarias rematará o día 18 coa confirmación definitiva de candidatos, unha vez rematado o período de alegacións e “corrixido o factor de xénero” para configurar a lista electoral definitiva.

También te puede interesar