Vigo al minuto

O Comité de Persoal de Povisa desminte ao xerente do Sergas con documentación oficial da Seguridade Social

Documento enviado por el Comité de Persoal de Povisa
Documento enviado por el Comité de Persoal de Povisa

O Comité de Povisa respostou este xoves ás declaracións, deste mércores do Xerente do Sergas, en relación co hospital privado. Antonio Fernández Campa, logo de calificar de errática a política do hospital privado de Vigo, fixo unha valoración positiva da xestión laboral e salientou que cumplía as “condicións de estabilidade e emprego recollidas no concertó coa Xunta”.

Segundo salientou na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia dacordo cos datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), cando fora asinado co contrato con Povisa, “184 contratos eventuais pasaron a ser dixos, acadando preto do 80% do persoal. O xerente engadiu que en 2006 había 1.307 persoas contratadas e en setembro de 2014 eran 1.470, o que significara un aumento do 79,7%.

Para o Comité de Empresa estos datos “están totalmente manipulados e falseados” e indica que no ano 2006 había 1.457 traballadores todos eles a xornada completa, e que en 2014 era de 1.390 co 45% con xornada reducida “baixo ameazas e coaccións para no seren despedidos”.

No referente aos contratos indefinidos feitos pola empresa, o Comité de Persoal subliña que “os datos de Fernández Campa son “erráticos”, xa que estos traballadores xa formaban parte do cadro de persoal dende o ano 2000. “Ditos contratos estaban en fraude de lei e foron denunciados por este comité á Inspección de Traballo, que obrigou a facelos indefinidos, excepto 13 que foron despedimentos improcedentes”.

Para demostrar esta afirmación, o Comité de Persoal de Povisa amosa documentación cos datos do cadro de persoal real no ano 2006, segundo datos da propia Tesourería da Seguridade Social, na que figura que había 1.457 traballadores na plantilla, 150 máis das que asegurou, no Parlamento, o xerente do Sergas, cando falaba de estabilidade do emprego.

Ante esto o Comité pregúntase “¿Que interese ten o Sergas en falar do cumprimento de estabilidade e condicións de emprego cando xa levamos 60 despedimentos e agora temos 13 máis?; ¿Por qué miran para outro lado?; ¿Os pacientes do hospital Povisa non importan?; ¿Por qué non se cumpre o Acordo Básico do 2006?; ¿Por qué no se cumpre o asinado hai 3 meses no concerto Sergas-Povisa 2014?”.

También te puede interesar