Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A terapia canina chegará a 15 centros de Educación Infantil e Primaria de Vigo

Terapia canina300 alumnos de 15 centros de educación infantil e primaria poderán beneficiarse do apoio educativo que proporciona a terapia canina que o Concello ven desenvolvendo con discapacitados psíquicos desde o ano 2011. Así o explicou esta mañá o alcalde durante unha visita ao Ceip A Doblada na que estivo acompañado polas tres cadelas que forman parte do programa.

O de A Doblada é un dos quince centros de educación infantil e primaria nos que se vai empezar aplicar un programa de reforzo educativo con cans: o obxectivo é converter ao animal en motivador de aprendizaxes e nesta primeira etapa atenderáse a 300 nenos durante dous trimestres.

Paralelamente, o Concello impulsará un programa de formación e bolsa de traballo que consiste en formar a entre 4 e 6 persoas que se atopen en desemprego na educación de cans que previamente se seleccionarán da protectora. Para esta formación, axudarán as tres perras da terapia: Mami, Guida e Pintas. Unha vez realizada a formación, os participantes recibirán un certificado de asistencia e os cans serán adoptados por familias que o soliciten.

Desde 2011, o Concello ven facilitando terapia canina a asociacións de discapacitados, e pasouse de traballar con 4 colectivos e 100 usuarios a 10 entidades e 400 usuarios. Os colectivos son os seguintes: Anhida, nenos con hiperatividade e déficit de atención; Afaga, enfermos de Alzheimer; Alento, daño cerebral; Foanpas, pais e nais de alumnos; Apamp, familias con parálise cerebral; Aspavi, discapacidae cerebral; Aspanaex, discapacidade intelectual; Feafes, enfermos mentais; Colexio Saladino Cortizo e Asperga, afectados polo síndrome de Asperger.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.