Vigo al minuto

As Urxencias do Meixoeiro e o Xeral, colapsadas de novo

UrxenciasTal e como denuncian traballadores do Compelxo Hospitalario de Vigo (CHUVI), as Urxencias de Meixoeiro e Xeral volven a estar colapsadas. Como comprobou esta redacción, e confirmou a Federación de Sanidade de CCOO, este martes pola mañá os postos de  observación do Xeral estaban ocupados, como os boxes de Urxencias, había enfermos nos corredores e un número considerable agardando por unha cama.

No Meixoeiro, os corredores estaban ateigados, enfermos pendentes de ingreso, dende esta mañá, preto dun cento de persoas en Urxencias e, pasadas as 4 da tarde, 15 enfermos nos corredores, o mesmo número pendentes de ingreso-dos cales 7 agardando para que os baixaran ao Hospital Xeral-.  

Segundo os sindicatos, no Meixoeiro a dirección “acordou, sen contar cos profesionais, un novo procedemento de traballo por equipos”, equipos que, segundo denuncian, “non están completos por falla de persoal”.

También te puede interesar