Galicia

Un morto e 68 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas a pasada fin de semana

AccidenteO 061 atendeu a 68 persoas debido a 51 accidentes de tráfico rexistrados durante a fin de semana nas estradas galegas, das que unha faleceu.  Segundo informou a Central de Coordinación, o 061 recibiu 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 72:  as ambulancias medicalizadas realizaron seis saídas; as asistenciais, 57; e as convencionais, dous; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en sete ocasións.

En 54 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado, mentres que unha persoa faleceu no punto do sinistro a pesar dos esforzos sanitarios.

Por provincias, a de Pontevedra, con 23 accidentes, foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 17; Lugo, con nove; e Ourense, con dous.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.