RGPD - Cookies
Galicia

Aberto o prazo de inscrición en listas de contratación de persoal temporal e nomeamento de funcionarios interinos da Xunta

XuntaA Xunta abre, este domingo, día 1 de marzo, e ata o próximo 15 de xullo o prazo de inscrición nas listas para a contratación de persoal laboral temporal e para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración autonómica.

Segundo recolle unha resolución publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), os interesados en formar parte destas listas poderán solicitar a súa inscrición no prazo de referencia, para o que deberán presentar a instancia conforme ao modelo que se atopa á súa disposición na web da Xunta, no apartado de ‘Listas de Contratación’.

O número de listas que estarán abertas á inscrición é de 24. Delas, 14 listas son para o nomeamento de funcionarios interinos e 10 para a contratación de persoal laboral. Respecto a 2014 ábrense nove listas, cinco para persoal funcionario interino e catro para persoal laboral.

También te puede interesar