Comarcas Video

Feijóo xustifica o gasto de 300.000 € no vídeo de Enrique Iglesias

El presidente Feijóo

O presidente Feijóo xustificou este xoves que o Goberno galego destinase 300.000 €-50 millóns das desaparecidas pesetas- a un videoclip do cantante Enrique Iglesias afirmando se trata dunha acción de promoción turística «máis» para atraer visitantes a Galicia.

Na rolda de prensa posterior ao Consello o xefe do executivo comparou as ‘descargas’ que pode ter este vídeo co custo que supón un ‘anuncio’ nunha cadea de televisión estatal e reiterou que, ao seu Goberno, o que lle interesa é «dar a coñecer Galicia no mundo». O presidente subliñou que «cantos máis millóns de persoas vexan imaxes» de Galicia máis posibilidades hai de que esta se converta en destino turístico.

“O importante serán os datos e os resultados, se son bos para o turismo de Galicia,», engadiu, citando como exemplo de patrocinio  La Vuelta Ciclista a España ou a películas «que falen de Galicia aínda que sexa con actores estranxeiros»- en referencia ao filme inspirado no Camiño de Santiago e protagonizado por Martin Sheen- hijo de Francisco Estévez, un emigrante de Salceda de Caselas-, ‘The Way’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.