Galicia

A conselleira de Sanidade garante que “non haberá limitacións económicas” nos tratamentos a pacientes de Hepatite C

A conselleira de Sanidade asegurou que “non vai haber ningunha limitación por un tema económico” nos tratamentos aos enfermos de Hepatite C, e engadiu que, “evidentemente, as limitacións” que hai son as que están recollidas nas estratexias e nas indicacións da Axencia Española do Medicamento.

En declaracións antes de participar nun acto no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Raquel Mosquera indicou que aínda non ten data para a reunión co colectivo de pacientes enfermos de Hepatite C, xa que está pendente de que se peche o día en que se reúne o Consello Interterritorial de Sistema Nacional de Saúde (CISNS).

A conselleira subliñou que a Xunta traballará cos expertos e coa Axencia Española do Medicamento para “garantir a todos os pacientes en termos de equidade” en todo o Sistema Nacional de Saúde. Mosquera adiantou que os pacientes “van ter a disposición os medicamentos seguindo sempre os criterios clínicos e dos expertos” e “non vai haber ningunha limitación por un tema económico”.

 

También te puede interesar