Representantes da plantilla de Dalphimetal España/TRW, protestan este xoves polo despido de 5 traballadores

Os representantes sindicais da CIG en Dalphimetal España/TRW Vigo Porriño realizan este xoves, día 26, unha concentración no Polígono Industrial a Granxa para protestar polo despedimento de 5 compañeiros de traballo.

Os membros da CIG nos dous Comités, manifestan que no anterior acordo de Convenio Colectivo 2011-2014 tiveron que asumir unha redución de plantilla en Vigo, non só en fabricación, senón no centro de I+D onde na actualidade traballan unhas 384 traballadores, “esta redución foi provocada como solución a viabilidade dos centros de fabricación e servizos”, o cal, subliña a central sindical, foi acadado coa saída de máis de 120 persoas onde a dirección de Dalphimetal propuxo alternativas como foron recolocacións, prexubilacións e baixas non traumáticas nas que o traballador chegaba a un acordo económico coa empresa pero “sempre coa última decisión do traballador”.

A CIG sinala que, na recta final do convenio a empresa adoptou unha actitude de deslocalización de persoal aos centros de Portugal cambíandolles o contrato de traballo a portugués, realizou cambios de centros de traballo, “para evitar e eludir a garantía que tiñamos os traballadores no centro de Vigo de que a empresa non fixera máis despedimentos dentro do marco acordado na negociación Colectiva”.

No mes de decembro negociouse un ERE de suspensión temporal para o 2015 de 95 días, para a planta de fabricación de Vigo, onde “paralelamente a dirección foi máis alá tratando de despedir a 4 compañeiros que facían as funcións en control de accesos”, polo que a CIG dentro da negociación do ERE, “puxo enriba da mesa o non despedimento de persoal en todo Dalphimetal e a garantía en buscar unha solución a estes 4 compañeiros: finalmante só se acadou solucionar coa recolocación dos mesmos”.

Meses anteriores, no centro de Porriño, 9 traballadores eran despedidosamparándose nas causas obxectivas por melloras no proceso de fabricación e que na actualidade estase demostrando que non existen tales melloras onde a calidade e produtividade mermaron”.

O Sindicato indica que, iniciado o ano e ás portas da negociación dun novo convenio, “vense de novo a despedir outros 5 compañeiros no Centro de Porriño por causas obxectivas sen darlles posibilidade de recolocación nen as compensacións”, tamén están ameazados, continúa a CIG, outros departamentos, como o de Mantenemento Xeral o que “demostra unha vez máis o desmantelamento premeditado da nosa actividade independentemente dos departamentos que existen na actualidade en todo Dalphimetal”.

Por todo o anteriormente exposto, os representantes da CIG, “entendemos que hai motivos suficientes para non sentarse a negociar o Convenio Colectivo mentras se están despedindo a compañeiros de traballo sen máis; somos conscientes de que se non plantamos cara a esta situación, entraremos na dinámica do aquí todo vale. Se nós mesmos non velamos polo noso traballo como fan outros compañeiros do sector da automoción integrados tamén en Multinacionais, non nos quedará nada”.

A esta complicidade de deslocalización do sector da Automoción está o CEAGA, conclúe o sindicato, “que mira para outro lado ao que Dalphimetal está adherido; a isto tamén temos que engadir as subvencións de diñeiro público que o Goberno Central e Xunta seguen a darlle a estas Muultinacionais para de paso seguir despedindo”.

 

 

También te puede interesar