Galicia

Morre un home de 74 anos nun accidente de tráfico en Oia

D.M.R., un home de 74 anos, morreu este venres pola tarde, en Oia, nunha colisión entre dous coches. Segundo fontes de Emerxencias, o accidente foi pasadas as 5 e media da tarde e no mesmo tamén resultou ferida a muller da víctima, D.G.C, de 65 anos, que está ingresada no Hospital do Meixoeiro.

O suceso produciuse na estrada de A Guarda a Oia, na recta de San Xián. Ata o lugar achegáronse dúas ambulancias asistenciais, ademáis de persoal do PAC de A Guarda que so poideron certificar a morte.

 

También te puede interesar