Galicia

As galegas teñen que traballar 80 días máis ao ano para cobrar o mesmo que os homes

As mulleres galegas teñen que traballar 80 días máis que os homes para cobrar o mesmo, segundo un informe sobre a desigualdade salarial por sexos en Galicia que presentou este xoves UGT.

A central alertou de que a brecha salarial para as mulleres galegas aumentou dende o ano 2009 ata 2012 en 3,6 puntos -24,2% de media anual-, segundo os últimos datos da enquisa anual de soldos do Instituto Nacional de Estadística (INE), e con respecto ao conxunto do Estado-que está no 23,93%- Galicia supera a media en 0,25 puntos, esto suporía que, para que  homes e mulleres obtivesen o mesmo soldo, tería que incrementarse o delas nun 31,88%, posto que eles reciben 873,36 € máis.

En canto aos ingresos medios, en todas as comunidades as mulleres cobran menos que os homes e, no caso de Galicia, elas perciben o soldo máis baixo no conxunto do Estado, cun total de 2.810,18 € menos con respecto á media.

 

También te puede interesar