Ciencia y Tecnología

As TIC galegas, que aumentarán un 30% a súa plantilla en 2015, buscan programadores

O Clúster TIC Galicia vén de realizar unha enquisa interna entre as súas empresas socias para ver a situación do emprego TIC en Galicia e as previsión que as empresas teñen para este ano 2015. Dacordo coa mesma, nestes momentos hai un 67% de empresas con procesos abertos de selección de persoal. Os perfís máis demandados son: programación en Java; programación en distintistas plataformas para Comercio Electrónico; desenvolvedores de apps para móbiles; Virtualización; e consultores e comerciais TIC.

O 90% das prazas que se ofertan son para Galicia e en maior medida para as cidades de Santiago, A Coruña e Vigo e, no exterior destaca Madrid e os países latinoamericanos.

O 81% prevé aumentar a plantilla durante o ano 2015, cunhas porcentaxes medias de incremento dun 30%. En canto aos factores que provocan estas necesidades de persoal destaca a diversificación do negocio, cun 30%; o crecemento do mercado local, nun 26%; e a internacionalización cun 19%.

As empresas TIC detectan unha mellora da situación económica nos distintos sectores produtivos galegos así como unha importante recuperación en investimentos de I+D. Ademais detectan que o propio sector TIC está máis especializado polo que a competencia é menor e a as posibilidades de colaboración moito maiores.

Todas as empresas indican dificultades para conseguir os perfís requiridos e achacan este problema á alta cualificación que se precisa neste sector. Como medida apuntan a posibilidade de adecuar outros perfís para cubrir a demanda, como pode ser o caso de determinadas especialidades da formación regrada de grao medio e profesionais nas labores de consultoría e comercialización.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.