Galicia

Renfe xustifica 8 meses de retraso en entregar a documentación de Angrois en ‘contratempos’ e a perda de información

O presidente de Renfe alegou que se produciu unha serie de contratempos e que algunha información perdeuse para explicar o feito de que a empresa que preside tardase case oito meses en entregar ao xuíz que instrúe o caso de Angrois a documentación que este requiriulle.

Pablo Vázquez respondeu así ás preguntas sobre este extremo da deputada do BNG Rosana Pérez na subcomisión do Congreso para a mellora do sistema ferroviario, creada, precisamente, logo do accidente do Alvia o 24 de xullo de 2013, cando morreron 81 persoas.

As reunións desta subcomisión parlmentaria, ainda que é dentro do Congreso, no que están os representantes dos cidadáns, celébrase  a porta pechada e, por iso, a marxe dos deputados que forman parte dela-e na que o Partido Popular ten a maioríaninguén máis tivo ocasión de escoitar o que dixeron nela  40 comparecentes.

Este martes, en concreto, acudiron á mesma tanto o responsable de Renfe como o secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño; despois de que o pasado mércores o fixese o responsable máximo de Adif, Gonzalo Ferre, quen se negou a contestar cuestións sobre o sinistro por respecto á investigación xudicial en curso.

A deputada nacionalista preguntou ao presidente de Renfe polo que tardou a súa compañía en achegar o certificado que acredita as capacidades psicofísicas do maquinista que aquel día conducía o Alvia, Francisco José Garzón logo de que o titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago apercibise á operadora de desobediencia-.

Rosana Pérez tamén quixo saber sobre a investigación interna que a empresa pública se comprometeu a realizar días despois do descarrilamento na Grandeira, ao que o responsable de Renfe respondeu que o informe xa está rematado e obra en poder do xulgado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.