Cultura

‘Voo da Liberdade’, o gañador do Concurso de Carteis da Reconquista

O artista murciano Rubén Lucas García erixiuse este ano gañador do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015, cun deseño titulado “Voo da liberdade”. Tal e como explicou o alcalde en rolda de prensa, este certame xa ten carácter nacional e nesta ocasión contou con 34 participantes de todo o Estado.

Outras dúas obras, “Loita” e “Loita” -unha delas dunha artista viguesa-obtiveron dous accésits do xurado. O alcalde lembrou que o Concello decidiu este ano que a festa se prolongue durante dous fins de semana, en lugar de un, como se viña facendo ata o de agora.

 

También te puede interesar