Galicia

A ministra Pastor repite que iremos en AVE a Coruña en 1 hora e 10 minutos este mesmo ano

A ministra Pastor/Tresyuno Comunicación

A ministra de Fomento, que este venres asistiu a ‘proba de carga’ do viaduto do Ulla, considerado como a infraestrutura máis complexa do Eixe Atlántico de Alta Velocidade Ferroviaria, salientou que os traballos do AVE Galicia Madrid- que deberá estar en funcionamento en 2018- “van en prazo”.

Ana Pastor, acompañada polo vicepresidente do Goberno galego, salientou que coa finalización desta obra, se lle dá un «pulo final» ao Eixe Atlántico ferroviario- a liña Vigo-Coruña- que, reiterou, empezará a operar este 2015, “o máis pronto que se poida”.

A ministra comentou que os dous tramos pendentes- Padron -Vilagarcía e Arcade-Vigo- están xa moi avanzados e a instalación a superestrutura, que inclúe a montaxe de vía, electrificación e instalacións de seguridade, sinalización, control do tráfico e comunicación, están preto do seu remate.

Cando acaben os mesmo, estará funcionando o traxecto entre Santiago -Vigo, que quedará conectado ao traxecto A Coruña-Santiago xa en servizo, “todo o Eixe Atlántico entre Vigo e A Coruña quedará completado, o que reverterá en importantes aforros nos tempos de viaxe. En concreto, a viaxe entre Vigo e A Coruña realizarase nunha hora e dez minutos, e entre Santiago e Vigo en ao redor de 45 minutos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.