Comarcas

Esta primaveira comezarán as obras de desdobramento do Corredor do Morrazo que durarán ano e medio

A Xunta licitará en 20 millóns de euros, o primeiro tramo da obra de desdobramento do Corredor do Morrazo, entre Rande e Domaio, segundo anunciou este luns a conselleira de Territorio, logo de manter unha xuntanza co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, es os alcalde de Cangas e Moaña.

Ethel Vázquez adiantou que a obra constará de tres fases: a primeira de 3 quilómetros, que empezará nos meses de primaveira e as outras dos que comezarán este 2015 e que estarán rematadas en ano e medio. As mesmas, salientou a conselleira estarán cordinadas coas da ampliación da Ponte de Rande.

Vázquez salientou que se adiantaron os procesos de expropiación e que nuns días asinarase o decreto cun orzamento de más de 1 millón de euros.

 

También te puede interesar