Vigo al minuto

O Programa do Entroido 2015 de Vigo: festa en toda a cidade do 13 ao 18 deste mes

A Concellería de Cultura, Festas e Museos, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas «El Olivo», presentan a programación do ENTROIDO 2015, que terá lugar do 13 ao 18 de febreiro, en distintos espazos da cidade.

O programa comeza o venres 13 na Porta do Sol coa Entronización do MECO ás 8 da tarde, seguido do pregón a cargo de Mario Vaquerizo, ás 8 e cuarto, que dará paso á actuación das Nacy Rubias.

O sábado 14 terá lugar o tradicional concurso de comparsas e carrozas, que comezarán a desfilar  ás 6 da tarde dende a rotonda de Isaac Peral e rematará na Porta do Sol.

O programa contará tamén coas tradicionais verbenas na Porta do Sol: o sábado 14 coa orquestra Filadelfia e o martes 4 coa orquestra Principal. Ademais, o sábado 14 será a actuación de Kiko Veneno, ás 10 e media da noite.

Como novidade, o domingo 15, darase a saída a I Carreira Popular de Entroido «Concello de Vigo», coas modalidades absoluta e infantil.

No Auditorio «Mar de Vigo» desenvolverase o luns 16 e o martes 17 o entroido infantil e o concurso de disfraces. O martes 17 terá lugar a «Queima do Meco» na Porta do Sol, ás 11 da noite.

O Entroido 2015 rematará o mércores 18 co acompañamento da comitiva fúnebre, ás 6 e media da tarde, dende a Praza da Constitución, pasando pola Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e con remate na Porta do Sol. O enterro do Meco e a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, serán ás 7 e media da tarde, na praza da Constitución.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.