Galicia

Mellora a circulación nas estradas galegas logo dos problemas causados pola neve

FOTOGRAFÍAS: Cortesía de El Progreso/ A situación da rede viaria galega mellorou este mércores pola tarde logu dunha mañá na que o 112 atendese, preto de 200 incidencias relacionadas coa neve, especialmente na provincia de Lugo.

En Sarria varios coches bateron coa cisterna dun camión de gas, na CG-2.2, sentido Monforte, ainda que non houbo feridos; unha ambulancia, con un enfermo, quedou atrapada, tamén en Sarria e uns 40 coches estiveron atascados varias horas en Ourol. En Monterroso, na N-640, cinco camións e varios coches non podían circular; en O Corgo, o tráfico estivo parado na A-6, dirección A Coruña; na LU-633, en Piedrafita- entre Sarria e Triacastela, tamén estivo parado o transito.

Á hora de redactar esta información, so precísanse cadeas para pasar pola LU-633, en Piedrafita,e no Alto de Poio- por onde non poden pasar autocares e camións- e hai que ir con coidado pola A-8, en especial polo Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín.

En toda Galicia, 4.137 rapaces de 74 centros educativos quedaron sin clase, 3.632 deles- alumnos de 55 colexios- en Lugo; 248 en Ourense, con 18 centros afectados, e 157 en Pontevedra.

 

También te puede interesar