Comarcas

¡Porco, tí o vales!…Feira do Cocido de Lalín

A 47 Feira do Cocido de Lalín está lista para recibir esta fin de semana a 60.000 persoas que chegan a Galicia para disfrutar dunha das referencias da gastronomía galega e que, este ano, busca conquerir a distinción de Festa de interese Internacional.

Dende hai ano e medio, ademáis, a organización da Feira está no proxecto para conquerir un ‘porco propio’ de Lalín, apoiada con fondos europeos e aportacións da Deputación de Pontevedra, ademáis da colaboración da Facultade de Veterinaria. Ata agora se e realizaron catro cruzamentos de porco da variedade ‘celta’ e se segue perfeccionando a través do traballo xenético da raza. Agora o obxectivo é seguir coa inicitiva con máis financiamento deste proxecto I+D+i iniciado co Instituto Tecnolóxico da Carne.

O mes do cocido se prolonga durante todo febreiro, ainda que esta fin de semana terán lugar os actos da feira que arrancarán o venres coa ‘Gran Gala dá Gastronomía de Galicia’, que retransmitirá en directo TVG e na que se entregarán os ‘Premios de Gastronomía de Galicia.

Por suposto a ‘delicatessen’ deste cocido está garantida por preto de 30 restaurantes con selo de garantía nos cales se pode degustar este prato por unha mediavde 26 €, aínda que hai presupostos que ascenden ata os 40…acompañados con tintos da Denominación de Orixe Monterrei.

 

También te puede interesar