Vigo al minuto

O persoal sanitario denuncia a “privatización da Sanidade en Vigo, aproveitando o novo hospital”

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) anunciou este luns as protestas que empezarán en febreiro e marzo “en contra da privatización da sanidade” e da amortización dos postos de traballo, que cualificaron como un “Expediente de Regulamento de Emprego encuberto”.

En rolda de prensa, os representantes dos traballadores advertiron de que “estamos diante dun avance inexorable da privatización na área de Vigo”, feito que vai  asociado á “construción do novo hospital”.

Os traballadores advertiron de que “o que están a facer a conselleira e o presidente da Xunta é ir pouco a pouco e solapadamente, e se non nos decatamos mellor”, e denunciaron que a Consellería de Sanidade “pretende facer un ERE encuberto a través da privatización dos servizos de lavandaría, cociña e mantemento”, onde uns 300 postos de traballo que eran públicos “agora van ser privados”.

A iso súmanse a “ameaza da implantación das unidades de xestión clínica”, que pon en perigo, en primeiro lugar e xa, “o servizo de cardioloxía e hemodinámica do Hospital Meixoeiro”.

As protestas tamén son polo caos nas Urxencias, polas perdas de equipos nestes anos, “vencelladas á privatización da Sanidade e que afecta, xa, a un 16% de todo o persoal, chegando ao 22% entre os médicos”. A este feito, sinalaron, hai que engador “os problemas que causou a non sustitución de profesionais, a falla de dotación orzamentaria, que Vigo padece especialmente” e a redución dos equipos e medios-

Por todo, o persoal do Chuvi convocou profesionais e a cidadanía a que participen nas ‘caceroladas’ que van ter lugar nas inmediacións do Xeral este mércores e no Meixoeiro o xoves. Ademais, o día 26 organizaron ás 8 da tarde, unha protesta-‘velorio’ no Xeral, e xa a mediados de marzo amosarán o seu apoio á mobilización convocada por SOS Sanidade Pública.

 

También te puede interesar