Galicia

A neve obriga a circular con cadeas en parte da rede viaria galega

A neve que ainda hai en parte da rede viaria galega obriga a circular este luns con cadeas pola estrada LU-633 e a extremar a precaución na autovía A-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro e na A-52 na provincia de Ourense.

Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) na zona da LU-633, no Alto do Poio, os turismos necesitan cadeas para circular e está prohibido o paso a camións e autobuses. Ademais, na autovía A-6 ao seu paso polo municipio da montaña lucense de Pedrafita do Cebreiro, entre os quilómetros 420 e 440, a DGT indica que hai que extremar a precaución.

A neve condiciona a circulación pola autovía A-52 na provincia ourensana, entre os quilómetros 112 e 130, que abranguen a zona do límite coa provincia de León coa de Ourense.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.