Vigo al día

Feijóo anuncia unha invesión de 19,9 millóns para integrar e renovar os laboratorios clínicos de Vigo

O presidente do Goberno galego, anunciou unha inversión de 19,9 millóns de euros para a contratación de todo o material necesario para as técnicas analíticas da xerencia de xestión integrada de Vigo.

Feijóo informou de que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) terá dous laboratorios: un de urxencias 24 horas que, situado no novo hospital, permitirá “dar resposta inmediata a calquera tipo de demanda urxente”, e outro central, que estará emprazado no Meixoeiro. Este último “será un dos grandes laboratorios automatizados de Galicia”, pois integrará os laboratorios actuais do Hospital Xeral-Cíes e o Meixoeiro.

“A área de Vigo contará cunha das tecnoloxías máis vanguardistas non só do sistema de saúde español, senón de todos os sitemas de saúde europeos”, salientou o presidente, quen  reiterou o compromiso de poñer o novo hospital a pleno funcionamento en 2015 e dixo que o laboratorio de resposta inmediata do mesmo permitirá que se procese de forma urxente, nun prazo máximo de 24 horas, toda a demanda que se poida xerar a área sanitaria.

 

También te puede interesar