Galicia

A costa, en alerta laranxa, este xoves, por un temporal que traerá ondas de ata 7 metros

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alertou dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias de Lugo e A Coruña a partir deste xoves.

Segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir deste xoves pola mañá mar combinado do noroeste entre 5 e 7 metros no litoral da provincia de Lugo e noroeste de A Coruña.

Na provincia coruñesa, o temporal empezará en torno ao mediodía con mar combinado do noroeste de 5 a 6 metros, e no sueste de A Coruña, espera que se inicie a últimas horas do día con mar combinado de 5 a 6 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral, informou os concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Tamén lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección e extremar as medidas de precaución evitando aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como vixiar posibles caídas de obxectos dende balcóns e ventás.

Ademais, aconséllase consultar a web do CAE 112 (‘www.112galicia.org‘), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.