Galicia

A Federación Galega de dano cerebral denuncia carencias importantes de atención e pide outra unidade en Vigo

O voceiro da Federación Galega de Dano Cerebral -que integra cinco asociacións de dano cerebral -de A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Santiago denunciou este mércores, na comisión do Parlamento de Galicia para o seguimento das políticas de minusvaliez, as «carencias importantes» na asistencia pública que se presta ao colectivo de persoas con esta minusvalidez, ao tempo que instou á Xunta a crear unha segunda unidade para o seu tratamento no novo hospital de Vigo.

Diante dos grupos parlamentares, Fidel Castro advertiu o dano cerebral adquirido é unha minusvalidez silenciosa, posto que os afectados “están ocultos, nas súas casas”, e é por iso que os familiares son os que na maior parte dos casos asumen as tarefas para apoialos e denunciou que “o servizo que se ofrece ás familias é moi precario».

Castro esixiu a elaboración dun estudio serio que permita coñecer, en primeiro lugar e de verdade, o número de casos existentes en Galicia, xa que, subliñou, so hai aproximacións a partir de enquisas de, polo menos, sete anos atrás.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.