Vigo al minuto

O BNG propón no Parlamento que o barco de Coia vaia ao Museo do Mar e o PP apoiará a moción

O Bernardo Alfageme

O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar no Parlamento de Galicia, unha iniciativa pola cal pide ao Goberno galego que inicie conversacións co Concello para que o ‘Bernardo Alfageme’ sexa rehabilitado pola Consellería de Cultura e instalado no Museo do Mar.

Segundo explicou este mércores a deputada Carme Adán, na súa opinión co pesqueiro pódense facer dúas cousas: ou ben “poñelo nalgún lugar como unha macetaou que forme parte do patrimonio histórico de Vigo, “o alcalde preferiu colocalo nunha rotonda coma unha maceta”, comentou.

O BNG, subliñou prefire que se recupere o barco e que pase a ser parte do museo e, deste xeito, que sirva para dar a coñecer parte da historia da cidade, algo que é posible, insistiu, porque o único que habería que facer seria actualizar un informe que xa fixo no seu día o Museo do Mar para levalo ás súas instalacións.

O candidato do Bloque á Alcaldía, asegurou que “o todopoderoso Abel’ incumpriu dous acordos do Pleno do Concello contrarios ao proxecto da rotonda”. Ademáis, Serafín Otero asegurou que o alcalde so dixo “mentiras e falsidades” acerca da posición do BNG neste asunto xa que, insistiu Otero, “o Bloque nunca votou poñer o barco en terra”, ainda que sí estivo a favor dunha modificación orzamentaria de 275.000 €-casi tres veces o orzamento que manexa o Concello para instalar o barco na rotonda de Alcampo- para reformar o barco e evitar que se afundise. “A Nosa intención foi sempre a conservación do patrimonio, e colocar o barco nunha rotonda é algo irracional”.

Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Popular está disposto a apoiar ao BNG nesta proposta xa que, como dixo este martes o secretario xeral do PP de Vigo, o seu partido está dacordo en que o ‘Bernardo Alfageme’ se coloque no Museo do Mar en non na rotonda de Alcampo.

Miguel Fidalgo anticipou que os deputados do Partido Popular do Parlamento de Galicia votarán a favor da proposta do BNG ainda que lembrou o barco é do Concello e que é o goberno local o que decide qué facer con él. Iso sí, engadiu Fidalgo, o PP local xa fixera xestións coa Xunta e non hai inconvinte en levar o buque ao Museo do Mar, “ainda que é o Concello io que ten a última palabra sobre a súa ubicación”.

 

También te puede interesar