RGPD - Cookies
Deportes

Gómez Noya aspira ao Premio Laureus ao mellor deportista xunto a Cristiano, Messi ou Marc Márquez

O triatleta galego Javier Gómez Noya foi preselecionado, xunto a outros deportistas, como  Marc Márquez, e os futbolistas Cristiano Ronaldo a Leo Messi para o premio de Mellor Deportista do ano nos Premios Laureus.

Javier Gómez Noya é candidato ao premio logo dunha tempada impresionante na que acadou o seu segundo Campionato Mundial de Triatlón.

De facerse co premio Gómez Noya sucedería a Rafa Nadal, que o acadou en 2011, e daría o relevo o actual gañador, o piloto de Ferrari, Sebastian Vettel.

Ademáis de Javier, aspirán ao premio o piloto de fórmula 1 Lewis Hamilton; o golfista Rory McIlroy; os atletas Renaud Lavillenie e Robert Harting, o ximnasta  Kohei Uchimura; o xogador de tenis de mesa Jike Chinese; o xogador de rugby Jonny Wilkinson; os esquiadores Marcel Hirscher e Ole Einar Bjorndalen; o xogador de cricket Mitchell Johnson; os nadadores Chad le Clos y Ning Ze Tao; os boxeadores Floyd Mayweather y Manny Pacquiao; o xogador de baloncesto Kevin Durant; o xogador de béisbol Mike Trout; o ciclista  Vincenzo Nibali; e o xogador de polo Adolfo Cambiaso.

 

También te puede interesar