Vigo al día

En uns días empezan as obras do ascensor de Juan Ramón Jiménez e as do estadio de Balaídos

O ascensor sería moi semellante a este

A goberno local iniciará “de xeito inminente as humanizacións, entre outras rúas, da Avenida de Castrelos, Ramón Nieto, Pazos Entronque, Avenida Hispanidad, Juan Ramón Jiménez, así como as obras de consolidación estructural no Estadio de Balaídos.

Entre todas elas hai que subliñar a de Juan Ramón Jiménez -entre Camelias e Menéndez Pelayo-, cun importe de 490.000 € e un prazo de finalización de 7 meses na que, como indicou este mércores o alcalde, colocarase un ascensor inclinado que, con 32 metros de percorrido, que permitirá salvar os 20 metros existentes entre Menéndez Pelayo e Camelias.

Abel Caballero explicou que o elevador contará con embarques en Menéndez Pelayo e na Avenida das Camelias, parando ademais a metade de camiño nuns locais próximos á avenida. A capacidade de carga será de 25 persoas, facendo posible o desprazamento de máis de 1.700 persoas por hora.

Respecto da remodelación de Balaídos, esta primeira fase supón un investimento de preto de 2 millóns de euros e un prazo de execución de 4 meses. A partir de aí, explicou o rexedor, “asinaremos o convenio co Celta e, a continuación, coa Deputación, que achegará o mesma cantidade económica que o Concello”. Posteriormente, engadiu, tamén se asinará coa Xunta quen se comprometeu a remodelar as pistas de atletismo. Deste xeito, a finais deste ano ou principios do que vén estarán rehabilitadas das gradas de Rio, Tribuna e Preferente

 

También te puede interesar