Video Vigo al día

O Parque de Bombeiros de Teis, a pleno rendimento, o mes que ven, logo das reformas

Cada un dos vehículos do parque terá unha saída individual/Tresyuno Comunicación

O alcalde visitou este martes as remodeladas instalacións do Parque de Bombeiros de Teis que estarán en funcionamento o mes que ven, logo de que se acabe a apertura de 8 portas de saída para os vehículos, o que permitirá aos mesmos  acudir aos mesmo tempo, se fose preciso, ás chamadas de emerxencia.

Cun orzamento de 1,3 millóns de euros, a reforma permite ao parque dispor dun espazo de habitabilidade integrado para facilitar a comunicación, unha nova zona de habitacións e un ximnasio completamente remodelado. Segundo Abel Caballero, non se fixera obra algunha neste inmoble dende a súa inauguración en 1987, o cal fixo que tivese importantes deficiencias.

O parque de Teis é o primeiro de edificio público de Galicia en funcionar con con enexía xeotérmica, ademais de contar con placas solares.

 

También te puede interesar