Vigo al día

A Reconquista deste 2015 ocupará dous fines de semana consecutivos

O alcalde anunciou este martes a principal novidade da celebración deste ano, despois dunha reunión que tivo lugar cos responsables da Asociación de Veciños do Casco Vello: a festa terá lugar tanto na fin de semana previa como na propia do 28 e 29 de marzo, con actividades, mercadiños e escenificacións en cada unha

Caballero adiantou que a intención do Concello e da asociación veciñal é facer en 2015 unha festa da Reconquista “máis extensa no tempo e máis intensa en cada un dos días”, que se alongará durante dúas fins de semana: a propia do 28 e 29 de marzo e a inmediatamente anterior.

Deste xeito, durante as dúas fins de semana, os asistentes poderán disfrutar de representacións teatrais, mercadiños e actividades musiciais, entre outras. O borrador xa está elaborado e presentarase o programa completo en próximas datas. O alcalde subliñou que “as festas son factor de mobilización económica moi importante”, salientou o “bo resultado que obtivo o programa municipal de Nadal no comercio vigués” e comentou que este ano, logo do Entroido e da Reconquista haberá un programa de “festas de primavera”, antes das ‘Festas do Cristo’, no verán.

 

También te puede interesar