Vigo al día

#StopÉbola, a campaña de Médicos sen Fronteiras, instalará en Vigo hospitais de campaña como os que empregan en África Occidental

Kailahun. Sierra Leona. MSF se enfrenta al mayor brote de ébola de la historia, con 18.000 infectados y más de 7.000 muertos en Guinea, Sierra Leona y Liberia. En el centro de Kailahun dos camilleros ingresan a un paciente, muy débil/ Foto: Sylvain Cherkaoui / Cosmos

Médicos sen Fronteiras (MSF), leva combatindo o peor brote de Ébola da historia.- que xa matou a máis de 6.000 persoas en África Occidental- dende marzo do ano pasado en 6 centros establecidos en Liberia, Sierra Leona e Guinea. Polos mesmos pasaron, neste tempo más de 4.000 enfermos dos cales 2.000 sobreviviron á enfermidade logo de ser atendidos polos profesionais que traballan para esta ONG e que prestan atención aos doentes nas 600 camas que ten Médicos sen Fronteiras adicadas a curar esta doenza.

En outubro de 2014, MSF lanzou a campaña #StopEbola, para informar, sensibilizar, amosar a loboura dos seus voluntarios e recadar fondos- por medio do envío de SMS co texto STOP EBOLA ao 28033- cun custo de 1,2 € que vai íntegramente ao tratamento desta doenza- ou por medio da web www.stopebola.es.

Como parte da mesma, dende o xoves día 22 e ate o domingo 25, Médicos sen Fronteiras instalará en Vigo un ‘hospital de campaña’ real, como os que emprega para tratar aos enfermos de Ébola, para que todos os veciños poidan ver como traballan, en qué condicións, con qué medios e qué tratamentos utilizan contra esta terrible enfermidade.

 

También te puede interesar