RGPD - Cookies

Frío mentres agardamos por unha nova fronte, que traerá chuvia durante unha semana seguida

Frío. Ese pode ser o resumen do que pasará este luns co tempo en Galicia, que está en alerta amarela no litoral e no interior por neve. Segundo as previsións, estamos nunha ‘xornada de transición’ cara a unha nova fronte que chega xa esta noite e que traerá choiva, neve e baixada das temperaturas, de feito que o termómetro descenderá ata os 4 graos en Pontevedra, 3 en Vigo, 2 en Lugo e 1 en Ourense e a cota de neve quedará nos 600 metros.

Ademáis, agárdanse xeadas no interior, neve, temperaturas mínimas baixando, o mesmo que as máximas, unha situación que seguirá así, cando menos, ata o luns que ven, día 26.

 

También te puede interesar