Vigo al minuto

Médicos de Urxencias do Meixoeiro denuncian ante o Valedor do Povo a falla de personal neste servizo

Médicos de Urxenxias do Hospital Meixoeiro rexistraron unha denuncia ante o Valedor do Pobo por suposta falta de persoal, que consideran que repercute negativamente nos pacientes, polo que solicitaron a incorporación dun facultativo máis en quendas e días da semana concretos.

Hai que lembrar que estes son os motivos da folga que os médicos de Urxencias iniciaron o pasado 16 de desembro.

Os médicos indican ao Valedor que nas quendas diúrnas de luns a venres hai seis médicos e sábados e domingos só catro; e de noite hai tres facultativos os martes, mércores e xoves, e o resto de días hai catro. No escrito subliñan que “tal e como constatamos, estas presenzas nas quendas referidas non son suficientes dada a alta porcentaxe de pacientes” de diversas prioridades “a suma das cales supoñen unha alta porcentaxe de pacientes con patoloxías complexas” que precisan dunha “rápida atención e maior tempo medio de asistencia”.

Baseándose nun informe do propio Servizo Galego de Saúde, indican que “a presenza de dous médicos en quenda de noite e tres durante as quendas de día de fin de semana na zona de boxes son claramente insuficientes, como se demostrou en múltiples ocasións”.

 

También te puede interesar