Vigo al minuto

Médicos de Urxencias do Meixoeiro denuncian ante o Valedor do Povo a falla de personal neste servizo

Médicos de Urxenxias do Hospital Meixoeiro rexistraron unha denuncia ante o Valedor do Pobo por suposta falta de persoal, que consideran que repercute negativamente nos pacientes, polo que solicitaron a incorporación dun facultativo máis en quendas e días da semana concretos.

Hai que lembrar que estes son os motivos da folga que os médicos de Urxencias iniciaron o pasado 16 de desembro.

Os médicos indican ao Valedor que nas quendas diúrnas de luns a venres hai seis médicos e sábados e domingos só catro; e de noite hai tres facultativos os martes, mércores e xoves, e o resto de días hai catro. No escrito subliñan que “tal e como constatamos, estas presenzas nas quendas referidas non son suficientes dada a alta porcentaxe de pacientes» de diversas prioridades «a suma das cales supoñen unha alta porcentaxe de pacientes con patoloxías complexas» que precisan dunha «rápida atención e maior tempo medio de asistencia».

Baseándose nun informe do propio Servizo Galego de Saúde, indican que «a presenza de dous médicos en quenda de noite e tres durante as quendas de día de fin de semana na zona de boxes son claramente insuficientes, como se demostrou en múltiples ocasións».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.