A Garda Civil detivo, en once provincias entre elas Pontevedra, a 47 integrantes dunha rede de tráfico de drogas

A Garda Civil detivo a 47 supostos integrantes dunha rede dedicada á importación de droga para a súa comercialización en todo o territorio estatal, no marco dunha operación iniciada e desenvolvida dende Álava, na que tamén foron imputadas outras 6 persoas.

A ‘Operación Koffer’, concluíu con arrestos en once provincias españolas e en Marrocos, e a aprehensión de máis de 1.633 quilos de diferentes substancias estupefacientes así como de catro vehículos de alta gama e 110.700 € en metálico.

Os arrestados –22 de nacionalidade marroquí, 16 españois, sete colombianos, un ecuatoriano e un portugués- están acusados dos delitos de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal.

A operación iniciouse en Álava, cando a Garda Civil tivo coñecemento da existencia dunha rede que podería estar a introducir distintos tipos de droga dende países como Holanda, Marrocos e Colombia para distribuila por todo o territorio nacional.

Por este motivo, estableceu un dispositivo de seguimento sobre este grupo de persoas. Unha vez identificados e localizados os integrantes da rede, procedeuse á súa detención en Álava, Vizcaya, Guipúzcoa, Navarra, Burgos, Ávila, Segovia, Madrid, Pontevedra, Málaga, Cádiz e Marrocos.

Segundo informou o Instituto armado, os axentes realizaron 12 rexistros domiciliarios nos que interviñeron 1.600 quilos de hachix, 20,5 quilos de speed, 10 quilos, 2,1 quilos de cocaína, un quilo de marihuana, así como catro vehículos de alta gama e 110.700 € en metálico.

 

También te puede interesar