RGPD - Cookies
Galicia

Tres mortos e 67 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 atendeu a 67 persoas debido a 50 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana nas estradas galegas, das que tres faleceron no lugar do sinistro.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación atendeu entre as 3 da tarde do venres e a 12 menos un minuto da noite do domingo, 54 chamadas en relación con accidentes de circulación. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo, con 23 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 70. Deste modo, as ambulancias medicalizadas acudiron a cinco sinistros; as asistenciais realizaron 54 saídas; e as convencinales, catro; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en sete ocasións.

En 57 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado e tres persoas morreron no punto do sinistro.

A Coruña e Pontevedra, con 17, foron as provincias con máis accidentes rexistrados durante os desprazamentos da fin de semana; seguidas de Ourense, con nove; e Lugo, con sete.

 

También te puede interesar